24 noviembre 2009

AchegArte A Coruña 2009

O ano pasado era o Culturgal, este ano chámase AchegArte. É a historia dun país incapaz de conservar un nome, unha marca, para un proxecto institucional interesante dous anos seguidos, pero xa lle botaremos as culpas a Peter Eisenman.

Este ano organiza a Consellería de Cultura do Concello de A Coruña, será a vindeira fin de semana [28-29 Nov.] no Palexco e no Kiosko Alfonso. Velaquí o programa en PDF. Máis aló da estética hellokitty do cartel hai moito que ver, ler e escoitar. Eu non perderei o concerto de Xabier Díaz o domingo ás 20.00h [Salitre].

2 comentarios: