09 septiembre 2010

65 actividades para tomarlle o pulso ó sector creativo en Compostela



 A apretada axenda dos participantes na segunda edición do Macc inclúe tres conferencias maxistrais, tres animados talk shows, dúas sesións PechaKucha (con nove proxectos cada unha), tres laboratorios, 25 making of (dos cales, 15 son talleres de traballo en directo), 25 cápsulas de exhibición de proxectos singulares ou MaccShow, unha sección Off para as propostas que quedaron fóra do programa oficial, corners institucionais para que os organismos públicos e privados expliquen aos asistentes os seus programas de axuda, espazos 7×7 para favorecer o encontro informal entre os participantes e moitas cousas máis. As reservas pódense facer en info@maccatlantic.org Custa 60 euros.

Comeza hoxe en Compostela. PROGRAMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario