23 diciembre 2010

The man who shot the 70's

* The man who shot the 70's
Idea Generation Gallery (London)
Catálogo gratuito PDF
Mapa y horarios

Bowie_RonsonLunch1973cMickRock

Así es como se conoce  a Mick Rock, el fotógrafo por excelencia de David Bowie y de otros muchos grandes como Lou Red, Iggi Pop o Queen. En esta muestra también se presentan nuevas fotografías como dos retratos a Alicia Keys y Kate Moss. Imágenes icónicas en la ciudad más icónica del mundo.

20 diciembre 2010

Let's Go

Me mudo una temporada indefinida a Londres. Contaré lo que vea por allí, y seguiré siempre con la mirada y el corazón en Galicia. Agradezco mucho información de contactos laborales, intereses, lugares o lo que queráis contarme. 

11 diciembre 2010

Un museo puede ser moderno o puede ser un museo, pero no ambas cosas.
Gertrude Stein

10 diciembre 2010

Cristina García Rodero

*CGAC Santiago de Compostela
Ata o 13 de febreiro de 2011
Comisarios: Miguel Von Hafe e María José Villaluenga Garmendia

Paga a pena visita-la exposición de fotografías de romarias e festas galegas de Cristina García Rodero no CGAC. Mostra un país de penitencias mediante imaxes que van da tradición á antropoloxía escatolóxica, nun tempo que vai pasando, e cambiando. O texto que segue é dos comisarios da mostra.


 Nada en Puertollano (Cidade Real) en 1949, Cristina García Rodero é, sen dúbida, un referente incontestable da fotografía española contemporánea. En 2009 foi a primeira fotógrafa española admitida como membro de pleno dereito na prestixiosa axencia Magnum e, ao longo da súa carreira, recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Fotografía (2006), o Bartolomé Ros de PHotoEspaña (2000) e o World Press Photo (1993, 1997 e 2008), como recoñecemento ao seu labor.

Como artista, Cristina García Rodero sabe que estes documentos non nos devolven a realidade. Non nos contan historias, non son ilustracións dun relato particular. Constitúense nun meta-relato, que percorre con precisión interrogativa un determinado contexto social e xeográfico, que o supera, que o desborda para regresar sempre ao seu lugar orixinal. No camiño, sorpréndenos o xeito en que a nosa memoria se aferra aos detalles máis insignificantes para aducir unha fenda na súa significación literal. Aquelvello que no Entroido de Verín intenta bicar unha muller que non parece sequera prestarlle atención, a ofrecida no caixón co seu abano e os seus lentes escuros en Santa Marta de Ribarteme, a muller que terma fachendosa dunha cabeza de peixe na lonxa de Vigo, a avoa infranqueable de Xende, todos estes personaxes foron captados cunha mirada idiosincrásica que os retira do anecdótico para os fixar como elocuentes paradigmas dunha maneira de celebrar a vida. Contra a morte, ou como diría Derrida, a partir da experiencia da morte posible. Seguramente sexa ese o leitmotiv que guía a Cristina García Rodero. Unha aprendizaxe eterna da vida por oposición á nosa implacable finitude.

E é na trama complexa deste presente perpetuo, deste transtempo vivido ou recoñecido, onde se moven as obras de Cristina García Rodero, que nos falan daquilo que nós conseguimos sentir, ulir, respirar: da nosa condición humana, da nosa transitoriedade, da nosa participación nesta comedia eterna.