14 marzo 2011

Young Galician Artists


Tendes ollar con atención, pero aí están os bonecos, o Lardeiro e a Lardeira, enchidos de palla e pendurando polo pescozo no centro da praza maior durante tres días, ata o martes de carnaval. E os nenos van e veñen, domesticando a lóxica esquizofrénica do antroido, e non hai para tanto Charles Saatchi. E logo están Os Alternativos, coa disxuntiva de desfilar polas rúas de Viana do Bolo como os demáis, pero sen disfrace. As fotos son de Pedro Alberto Rodríguez Iturbe, meu pai, de quen xa viramos estas outras de romarias en Galicia.

1 comentario: