22 septiembre 2011

Martin Creed en Vigo, hai que ir

Martin Creed. Obras
  MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo
  Ata o 2 de outubro


De Martin Creed falei máis dunha vez neste blogue. Aínda se pode ver a mostra Martin Creed. Obras, prorrógase ata o 2 de outubro. Unha boa oportunidade para ver obra do xenio inglés. 




O proxecto do artista británico Martin Creed (Wakefield, Reino Unido, 1968), comisariado por Carolina Grau, enmárcase no formato de novas producións realizadas especificamente para o MARCO, e supuxo a súa primeira exposición individual en España. Gañador do Turner Prize en 2001, Creed combina a súa faceta de artista co seu grupo de música, formado en 1994.

Toda a planta baixa do MARCO está ocupada por unha soa obra, que inunda e á vez baleira o espazo expositivo. Work No. 247 Half the air in a given space [A metade do aire nun espazo dado], 2000, consiste en materializar a metade do aire contido nun espazo por medio de globos, modificando por completo a percepción do contorno. Creada por primeira vez en 1998, esta peza adquire nas salas do MARCO unha magnitude completamente descoñecida ata agora, pola súa monumentalidade e polas dimensións das salasA exposición complétase cun conxunto de obras relacionadas coa música e o son, nunha das salas do primeiro andar.

3 comentarios:

  1. El trabajo lo pone la gente que hincha los grobos (pagada con dinero público). El artista cobra pero sólo pone la idea, por cierto una idea banal y ya usada más veces para lo mismo.

    No comprendo porqué las administraciones públicas tienen que destinar dinero a contratar estas patochadas. No responden a ninguna demanda o necesidad ciudadana real. Si el tipo tiene tanta fama de artista internacional que venda su trabajo en galerías directamente a los particulares interesados. El dinero público debería dedicarse a cosas socialmente más necesarias.

    ResponderEliminar
  2. El trabajo lo ponen los obreros, los arquitectos a la hoguera.

    ResponderEliminar
  3. Sí, supongo que por eso llaman a esas sandeces "proyectos": para intentar equipararse con los arquitectos y dar a entender que hay una gran complejidad y elaboración intelectual en decidir llenar de globos una sala.

    Respecto a porqué las administraciones públicas tienen que destinar dinero a contratar estas cosas ¿algún argumento?

    ResponderEliminar