25 diciembre 2012

A situación do modelo museístico galego

Os directores dos museos galegos de arte contemporánea máis destacados pechan o ano cunha valoración para ART234 da situación que atravesa o actual modelo, do que se ten feito e do que se poderá facer. Agardo engadir tamén as respostas do director do CGAC, aprazadas por indisposición.

1.- Cal pensa que é o grao de coñecemento da institución que dirixe na sociedade galega? Cómo o valora?
2.- Cómo lles afectan as tesoiradas? Qué razóns lle deron?
3.- A qué presente estanse a enfrontar e que plantexamentos de futuro fai?
4.- En qué medida pensa que existe unha rede colaborativa artística galega?
5.- Cómo observa a Cidade da Cultura do Gaiás? 

Iñaki Martinez Antelo, MARCO (Vigo)
image
Fotografía do Marco
1. MARCO ven de cumprir dez anos; un bo momento para reflexionar e facer un exercicio de avaliación, de obxectivos cumpridos e do que queda por facer. No que respecta ao grao de coñecemento na sociedade, a valoración para nós é positiva, especialmente se falamos do entorno máis próximo. Penso que, como institución, xerou unha demanda, e continúa a ofrecer un servizo necesario á cidadanía, a un público cada vez máis participativo e esixente. Máis aló das exposicións temporais, o MARCO puxo en marcha dende o inicio unha programación estable de actividades complementarias e varias liñas de programas educativos e de formación, que, xunto coa creación e consolidación da Agrupación de Amigos, foron clave para unha mellor recepción por parte do público, para un maior coñecemento e achegamento por parte da sociedade.

2.- A situación é, de feito, moi complicada.Se vemos o estado en que se atopa a sanidade, a educación ou a investigación, podemos imaxinar a precariedade no eido da cultura.Estamos procurando unha viabilidade ou equilibrio orzamentario con cada vez máis escasos recursos. Por suposto, contar con menos financiación supón non poder abordar certos proxectos e coidar ata o último detalle dos que temos en marcha. O noso obxectivo neste momento céntrase en manter a calidade da programación, recurrindo a fórmulas como cofinanciación, traballo en rede, patrocinios, ou proxectos de maior duración, pero tamén defendendo a necesidade de que se manteña o apoio institucional a un sector que non só é clave respecto ao coñecemento e a formación, senón tamén na economía e na creación de postos de traballo. Lamentablemente, os recortes non veñen acompañados dunha análise razoada.

3.- Para min, o maior perigo é que se poida botar por terra en pouco tempo o que se tardou moitos anos en construír: un conxunto estable de infraestruturas e iniciativas culturais, e unha maior profesionalización e especialización de todo un sector: artistas, xestores, galerías, críticos, comisarios, profesorado, coleccionistas, medios de comunicación, publicacións… A nosa prioridade hoxe é resistir de forma activa, e poder ofrecer unha programación rigorosa e de interese que conecte coa situación actual. Enfrontámonos tamén a un cambio nas políticas de financiación e debemos esforzarnos por conseguir implicar máis á empresa privada, pero para iso precisamos tamén de apoio por parte das institucións.

4.- Penso que, no que atinxe á arte contemporánea, existe unha rede de contactos e colaboración, quizais máis fructífera en anos recentes, e que agora pode esmorecer por efecto da crise e dunha tendencia a certo ‘ensimismamento’. Dende o MARCO temos colaborado con multitude de centros, colectivos e asociacións de distintos puntos de Galicia, non só na coprodución de exposicións senón tamén en programación de actividades. Entendo que a análise dende a proximidade axúdanos a a situarnos mellor.

5.- Penso que calquera proxecto debe responder a unha estratexia e a uns obxectivos coidadosamente definidos, sobre todo nun período de tremenda escasez como o actual. Resulta moi preocupante cando non se detecta unha relación causa-efecto, cando o custo de investimento non parece gardar proporción cos resultados, e non me refiro unicamente ao número de usuarios, senón ao impacto real dun proxecto como a Cidade da Cultura no contexto de Galicia. Un museo ou centro cultural non pode estar baseado nunha infraestrutura, senón no traballo, nos proxectos, e na súa xestión.

Carmen Fernández Rivera, MAC (A Coruña)
image
Fotografía de Vítor Mejuto
1.- Museo de Arte Contemporáneo (MAC) foi evolucionando nestes últimos 7 anos e na actualidade é un espazo onde conseguimos conectar cos visitantes; facer propostas expositivas que lles interesan e contar coa súa asistencia nas actividades que organizamos. Por sorte, o noso público non vén só da Coruña, e en moitos dos  nosos cursos e exposicións contamos con asistentes das cidades próximas e  mesmo do resto de España. Desde o ano 2005 fomos crecendo en número de visitantes nun 500%. O noso obxectivo é continuar o noso labor cultural e incrementar a nosa visibilidade en Galicia e impulsar aos artistas galegos e a nosa actividade fóra de Galicia e de España.

2.- O noso orzamento está en liña cos anos anteriores. Ampliamos as nosas propostas e desenvolvemos programas novos como as Residencias no Museo, para artistas locais e internacionais, co fin de apoiar a produción e investigación artística. Este próximo ano manteremos todos o noso programas e algúns veranse incrementados, o que nos enche de satisfacción.

3.- O noso principal interese é que o Museo sexa un espazo dinámico e aberto, que nestes tempos difíciles apoie a creación, a investigación e innovación  dos nosos novos artistas galegos, en colaboración con novos artistas doutros países.

4.- Están xurdindo tímidamente propostas que se poden ir consolidando, é o bo dos tempos de crises. Os programas de autoxestión que, noutros países levan anos funcionando, aquí poden comezar a xurdir agora con mais forza.

5.- É importante que exista un plan estratéxico para dotar a ese espazo de verdadeira personalidade e realizar accións e exposicións cunha líña de traballo continuado.


Beatriz González Loroño, Cidade da Cultura (Santiago)
image
Fotografía da Xunta de Galicia
1.- Coido que practicamente todos os galegos coñecen a Cidade da Cultura. Aínda que leva só dous anos aberta ao público xa foron máis de medio millón as persoas que se teñen achegado ao Gaiás. O proxecto púxose en marcha no ano 1999 e dende entón tanto o propio espazo como a programación cultural que se desenvolve ten presenza nos medios de comunicación, tanto nos de información xeral como nas publicacións especializadas. Ademais, nestes últimos meses téñense organizado eventos que contribuíron a incrementar o seu grado de coñecemento fora de Galicia, como o concerto de Björk, o feito de ser seleccionada para acoller o WOMEX 2014, a feira de world music máis importante do mundo ou a organización de foros internacionais, coa participación de institucións como a Tate, o British Museum ou o Thyssen, por citar algúns exemplos.

2.- A Xunta ten reducido a transferencia á Fundación da Cidade da Cultura nos orzamentos autonómicos dos últimos anos, redución que se enmarca dentro da necesidade de optimizar os recursos públicos ante o contexto económico no que nos atopamos. Unha das consecuencias máis visibles foi a decisión de paralizar as obras nos dous edificios pendentes.

3.- Coa aprobación do Plan Gaiás, a Cidade da Cultura está dando pasos para converterse nunha infraestrutura cultural sostible a través da entrada de capital privado vía patrocinios e outras fórmulas. Además, queremos avanzar incrementado a súa rendabilidade social e consolidándoa como unha ferramenta para dinamizar o tecido de industrias culturais. Nos próximos anos veremos como a Cidade da Cultura operará como unha potente plataforma para internacionalizar as nosas industrias culturais. Neste contexto económico, moitas empresas buscan na apertura a outros mercados a súa solución de futuro. En boa medida a cultura afronta tamén este desafío e creo que o Gaiás pode ser de moita axuda.

4.- Penso que existe moita xente do sector que entende que unindo os esforzos e recursos de todos poderase acadar un futuro mellor para a cultura galega. Neste dous anos temos organizado actividades de traballo en rede que teñen ofrecido moi bos resultados.

5.- Cómo pensa que é observada a Cidade da Cultura por outros espazos artisticos galegos e de fóra?
En canto aos centros culturais galegos, o Gaiás ten demostrado nesta fase inicial que está para sumar, e o ten feito ofrecendo unha programación cultural diferente, apoiando todo canto de bo se estaba a facer para aumentar a súa proxección e ofrecendo os seus recursos para que agromen novas iniciativas. En canto aos centros culturais do resto de España e de fora do noso país, iniciativas como o Foro Internacional de Espazos para a Cultura ten traído ao Gaiás a institucións como o MoMA, o Pompidou, a TATE, ou o British Museum, que, a bon seguro, nos vindeiros anos abrirán interesantes proxectos de colaboración.

12 diciembre 2012

El salón de los rechazados













LaFiac.com es una exposición online que se celebra desde 2010 y que une a diferentes generaciones de artistas que utilizan internet como medio. Este año han escogido el tema The end of a World. Se creó en oposición y como crítica a la Fiac, la Feria de Arte Contemporáneo de París, que no da cabida al net.art. La interfaz de la exposición está muy bien pensada para dar un cómodo paseo por algunos de los mejores proyectos del año. Parte de la pintura de Brueghel Tha fall of the rebel angels y se basa en la iconografía de Facebook: para encontrar las obras hay que buscar entre los ángeles. La fotografía que acompaña este texto es una imágen de una de las piezas que más me gustaron, Family of Silence de Linda Suthiry.


10 diciembre 2012

Place to be 1


Jan Both y Cornelis van Poelenburgh, Paisaje y Juicio a París, 1645-50