01 junio 2017

Foto de boda de los padres


La foto de boda de los padres, Swampscott, Massachusetts. 1985. Nan goldin.

19 mayo 2017

Comienza la segunda edición de Arco Lisboa

Tal vez el entusiasmo que se respira estos días en la segunda edición lisboeta de Arco, feria madrileña de arte contemporáneo, tenga que ver con el triunfo de Salvador Sobral en Eurovisión. O puede que sea la Eurocopa ganada a pulso el año pasado. O la reciente visita del Papa a Fátima. Sea como sea, la ciudad se ha volcado con la embajada artística española, que ha desembarcado en la Cordoaria Nacional, vieja fábrica de suministros navales, donde desde hoy y hasta el domingo se dan cita 58 galerías de 13 países para atraer coleccionistas de todo el mundo y nuevos públicos. 

15 mayo 2017

Dicen


El arte no reproduce lo visible, sino que lo hace visible. Paul Klee

11 mayo 2017

¿Dónde comprar arte 'low cost' en Internet?

Decorar una casa de forma original y con arte de calidad ya no es un lujo. Comprar una lámina artística por 30 euros o una pintura de un artista novel por 100 euros está al alcance de cualquiera gracias a Internet. El comercio online ha puesto a disposición de coleccionistas las obras de artistas de talla mundial como Botero o Damien Herst, del mismo modo que talentos emergentes y miles de creadores anónimos venden obras a precios “low cost”.
Más en elpais.com

09 mayo 2017

Comienza la 57ª Bienal de Venecia

Los actores principales de la familia internacional del arte contemporáneo (galeristas, críticos, directores de museos, coleccionistas y comisarios y demás gurús) comienzan a llegar a Venecia para asistir a la la Bienal, cuya 57ª edición abre sus puertas al público el sábado y hasta el 26 de noviembre. 

Toda la información en labiennale.org

08 mayo 2017

ARCOlisboa, capital del arte contemporáneo

El mundo del arte contemporáneo vuelve a mirar a Lisboa con la celebración de la segunda edición de ARCOlisboa que, organizada por IFEMA, tendrá lugar del 18 al 21 de mayo en la Fábrica Nacional da Cordoaria. Con la calidad de los contenidos como principal objetivo y la apuesta por proyectos de nivel de las 58 galerías participantes, de 13 países, ARCOlisboa 2017 volverá a convertirse en el gran evento artístico y social de la capital lusa, sumando a los atractivos de la Feria una importante programación artística y cultural en la ciudad, que atraerá el interés de coleccionistas internacionales, reconocidos profesionales y público en general.

Más en revistadearte.com

17 febrero 2017

No pasamento de Tim Beherns

Cando estudaba Maquinas Navais en A Coruña adoitaba pasar algunhas tardes pola Biblioteca do Forum Metropolitano, cando cadraba ter que devolver algún libro. Era unha biblioteca con demasiado boureo para o estudo: moitos vellos comentando esquelas, moita xente nova emprestando libros de Irvine Welsh e cds de Lenny Kravitz e unha mestura entrañable de nenos, opositores e ionquis agardando fronte ós dous ordenadores para se conectar 15 minutos máximo a Yahoo. As derradeiras pinceladas do século XX de calquera barrio galego.
Algunha daquelas tardes cruzaba no Forum cun vello que non era coma os demais vellos. Solitario, alto, con ollos claros, cabelo cano e algunha mecha rubia dispersa. Un guiri. Ás veces vestía americanas de cores, con aspecto desaliñado e pinta de bebedor ben. E no ollo dereito, un parche pirata. Un cadro.
Co tempo as circustancias leváronme a escribir as biografías dos autores das obras da colección de arte Fundación María José Jove, onde había un par de cadros dun tal Tim Behrens. Aqueles lenzos non casaban coas aspiracións que xa daquela manexaban na Fundación, probablemente foran adquisicións persoais do magnate nun primeiro momento de coqueteo coa arte, mais o certo era que cada noite Estudio de pintor e Recuerdo de Portugal durmían baixo o mesmo teito que Kandinskis, Picassos e Bourgeois nunha nave do Polígono de Agrela.
Alí coñecín a Tim Behrens unha mañá. Era un home de trato amable, acento Michael Robinson i expresión acorde á súa imaxe atribulada, a dun artista londinense bohemio de boa famlia que pasou os últimos 30 anos da súa vida en Galicia, ó seu, logo duns cantos anos de tumbos polo mundo. Un Man de Camelle urbano, se cadra.
Estudou na Slade School de Londres, que non é pouco. Alí coñeceu a Lucian Freud, para quen posou e den quen foi  bo amigo. Tamén de Bacon e Aurbach. Aínda que facendo paisanaxe, Behrens estivo no mundiño artístico da súa época, que é case coma dicir o mundiño artístico do século XX.
A finais dos 60 marchou a Italia e comezou a escribir poesía, chegou a publicar poemarios en Galicia, admiraba a Rosalía. Seguiu pintando até o final con certo recoñecemento i expoñendo aquí e alá. Chegou a Galicia por recomendación do maiordomo que traballaba para os seus país, que era de Ourense. Vivía en Culleredo coa sua muller, tamen artista i ex moza do baixista de The Clash. Pintaba paisaxes e cans, os seus. Paraba bastante polo Calypso.
Sobre a súa pintura daquela escribín que “a pintura figurativa británica do último terzo do século XX se por algo caracterízase e pola pluralidade estilística, mais quedan rasgos que a fan diferente a outras aproximacións figurativas. Behernes é partícipe desas sinais comúns con plantexamentos plásticos que exclúen o narrativo e o explicativo, con tendencia ó expresionismo e unha certa aposta por valores tradicionais da pintura en canto ó uso preferente do óleo en pinturas de cabalete, o que, malia que poida sorprender, leva aparelladas unhas cualidades expresivas de maior énfase e liberdade, coma a linguaxe plástica de Behrens.”
Non sei se o chegaría a ler, espero que non porquemadremía. Descanse en paz Tim Behrens.