
(...) Eu, sen criticar a ningún de estes tres directores, penso que o máis correcto é a forma de nomear a este portugués, para non estar ao pensamento e interese do inquilino do Goberno. Eu non teño coñecemento algún deste portugués. Carlos Valle, que estaba o meu carón na reunión do Padroado, aseguroume do seu valor.
Este centro ten moito traballo por diante. Supoño que quen dirixa a institución con iso de definila como da arte contemporánea, non vai manter unha admiración sen límites do que se fai fóra, dito isto sen deixar de comunicarnos con todo o que se fai no mundo, que recolle a existencia do home na terra como foi sempre. Acó en Galiza temos moitos problemas que tamén ten que velos o mundo. Noutra crónica, sen saírnos da arte, poden recollerse algúns. Van os mellores desexos para o novo director do CGAC, e o meu recoñecemento ao señor conselleiro por facer isto como o fixo.
Si tu lo dices, yo te creo.
ResponderEliminarTen fe
ResponderEliminar