
O xoves 25 de novembro o
escritor y crítico de arte, Juan Manuel Bonet, será o encargado de abrir
o ciclo Seoane, arte e industria coa conferencia Introducción á figura de Luis
Seoane. O ciclo, coordinado polo arquitecto e Premio Nacional de Arquitectura
Manuel Gallego Jorreto, servirá como peche dun ano no que a Fundación Luis
Seoane realizou un esforzo de difusión da obra e vida dun dinamizador cultural
e artista irrepetible tanto a través de exposicións, simposios e congresos,
como da edición do Dicionario Seoane ou de documentos audiovisuais que
reflexasen profundidade da obra e do pensamento dun creador comprometido.
O venres 26 intervirán a partir das 19:15 o escritor Xavier
Seoane coa conferencia Teoría, compromiso e acción e o deseñador gráfico Xosé
Díaz, quen afondará nos conceptos básicos da práctica como deseñador de Seoane
a través de Teoría e praxis do deseño en Luis Seoane.
O xoves 2 de decembro, ás 19:15 o arquitecto Manuel Gallego
Jorreto tratará a figura de Seoane en relación co Laboratorio de Formas e,
pechando o ciclo, terá lugar unha mesa redonda na que participarán Isaac Díaz
Pardo e Andrés Fernández Albalat entre outros. A entrada é libre ata completar
aforo.

Comentarios
Publicar un comentario