Nos primeiros tempos da historia da fotografía a maioría das tomas eran de paisaxes debido ós longos tempos de exposición necesarios, permanecer tanto tempo inmóvil resultaba case imposible. Cos anos a mellora da técnica permitiu acurtar eses tempos a uns cantos minutos, e comezou entón a historia do retrato fotográfico. Foi deste xeito como as clases máis baixas económicamente puideron ter tamén os seu propios retratos, pois daquela só os máis ricos eran quen de pagar a un pintor para que llo pintase. Durante décadas os retratos pretenderon ser coma pinturas; as poses, os fondos e as expresións dos suxeitos procuraban unha certa similitude coa pintura clásica, ata mediados do século pasado, cando coa chegada das cámaras compactas ter un retrato pasa a ser algo da vida cotián, e aqueles vellos modelos funcionais evolucionan ata adentrarse en múltiples vías que exploran a representación do home e a súa imaxe. Velaí un gran retrato da miña familia no lugar de Eirovello, feito por Daniel López Martín.
(E de agasallo esta curiosidade do making off)
(E de agasallo esta curiosidade do making off)

Comentarios
Publicar un comentario