Hai algo menos dun mes, o pasado 27 de
febreiro, o sindicato CIG convocou en Galicia unha folga xeral contra a nova
reforma da Seguridade Social que amplía a idade de xubilación, aumenta a
cotización necesaria para o acceso á mesma, e rebaixa a contía das pensións.
Non di nada, tamén é certo, de latigazos ou demáis flaxelos físicos.
Das imaxes daquela xornada retiven esta gran
fotografía de José Pardo que foi publicada en La Voz de Galicia. O profesor
Castiñeiras trazaría nela unhas cantas liñas compositivas que confluirían
naquel paraugas vermello e verde do fondo, e destacaría o afianzamento
triangular das pernas dos protagonistas. E nós poderiamos falar do xeito polo
cal o uso da luz, fría, consegue levantar un espazo teatral- unha luz de
claraboia que xa víramos en
Caravaggio-, e non deberiamos esquecer sinalar a
gravidade e perturbación do tema plasmado. E podería entón parecer que
fose unha fotografía de Jacques-Louis David no Polígono de A Gándara.

Eso en el pais de los vascos es el pan nuestro de cada día.
ResponderEliminar